Mergullo
Na zona do porto de Razo e, en xeral, no litoral comprendido entre este punto e Malpica, practícase a pesca submarina.
Aínda que o batido das nosas augas dificulta o submarinismo, hai zonas, como os baixos de Baldaio ─unha especie de montaña afundida fronte ao noso litoral─ de especial atractivo, pola variedade de peixe que alí pode atoparse. Iso si, é preciso contar con embarcación para adentrarse no mar.
Buceo Carballo
Enderezo: R/ Vázquez de Parga, 75 - 15102 Carballo, A Coruña
Teléfono: 981 75 45 33
E-mail: buceo@buceocarballo.org