Carballo a un paso

Compartir:

Anotade a data do 3 de febreiro, porque volve a Carballo Trail Race!

Xa podedes inscribirvos na carreira campo a través entre Razo e a capital municipal e probar as vosas forzas cos 30 Km de percorrido

Carballo Trail Race

Volve a Carballo Trail Race! A primeira carreira da Costa da Morte destas características que prepara xa a súa segunda edición coa apertura do prazo de inscricións: do martes 20 de novembro ao martes 29 de xaneiro ou ata cubrir as 400 prazas dispoñibles. O percorrido, previtos para o 3 de febreiro, transcorre polas fermosas paisaxes de Carballo: a costa, o río, o bosque..., nunha competición que servirá para poñer a proba as túas forzas e pasar unha xornada de deporte en contacto coa natureza.

Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e sobre distanzas de aproximandamente 30 Km e 11 Km na opción curta e xuvenil. O trail longo, con 900 metros de desnivel, pasa pola praia de Razo, Aviño, o cumio de Monte Neme, por Cances, Rego de Liñeiro, Constenla, Muíño da Torre, o Muíño do Quinto, o Bosque do Añón e remata na capital municipal no complexo deportivo Vila de Noia. O trail curto, con 500 metros de desnivel, ten o mesmo percorrido que o longo, pero con finalización en Cances.

Inscricións

As formas e lugares de inscrición son:

  • Na web www.carreirasgalegas.com
  • Na web www.carballo.gal, na ligazón creada ao respecto.
  • + info sobre a proba e asesoramento para a inscrición: nas oficinas do Concello de Carballo “Carballo Deporte” situadas na rúa Corcubión sn e teléfono 981 702 109.

Aproveita o inverno para correr na mellor compañía e co mellor percorrido! Apúntante!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica