Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Esta finde, en Carballo, temos dous pesos fortes do humor. Víctor Grande está o sábado no Goldie. Carlos Blanco estivo o venres na Dublín.

Que xaneiro se che fai costa arriba? Que vas levando como podes a volta á rutina? Nada mellor que o riso para sobrelevar o día a día. Esta fin de semana, os pubs carballeses tráennos dúas propostas que prometen facernos rir a esgalla: os monologuistas Carlos Blanco e Víctor Grande. O primeiro estivo na Sala Dublín o venres pola noite. O segundo, estará no pub Goldie o sábado.

Ao Goldie chegará o sábado, ás doce e media da noite, Victor Grande, a quen poderemos ver actuar gratis. Este pub leva xa varias semanas revitalizando a noite carballesa do sábado con coñecidos monologuistas como os televisivos Pepe Capelán e David Noya. Os méritos de Víctor Grande non son poucos.  E non só polos seus espazos de humor na Cadena SER ou, na actualidade en RNE, por participar en programas como Land Rober, ou por ter xa o seu propio libro, "Qué duda cabe", que recompila os monólogos da sección homónima que tivo no seu momento na SER. Xesta tanto ou máis reseñable ca todo iso tal vez sexa ter contado co voto favorable de Risto Mejide no programa "Tú si que vales" , do que foi finalista.

Carlos Blanco encheu na Dublín

Para Carlos Blanco, que encheu onte na Sala Dublín, esta é unha das mellores de Galicia. Así nolo comentou cando lle fixemos esta entrevista aproveitando a súa actuación en Carballo.

Carballo non lle resulta, dende logo, descoñecido. No verán, estivo actuando en Razo e hai tan só un mes veu ao pub Carpe Diem. Mais este actor, humorista, e showman, que gusta da improvisación e de estar pegado á actualidade, é como os artistas de bo jazz, que nunca tocan igual a mesma peza. A do venres foi unha adaptación de ao redor dunha hora e media do seu espectáculo "Carlos Blanco ao vivo", dunhas seis horas de duración, que encheu no teatro Colón na Coruña e levou con éxito tamén a Londres.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica