Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Buscas coche? Seguro que o mercas en Carballo...

Compartir:

Buscas coche? Seguro que o mercas en Carballo...

Berocasión volve un ano máis do venres 28 ao domingo 30 de agosto transformada nunha xornada de portas abertas con grandes descontos

Berocasión 2020

Faiche faita un novo vehículo? Turismo, monovolumen, furgoneta, SUV, para uso particular, profesional, máis caro, máis barato... O que está claro é que tes unha cita obrigada este mes de agosto con Berocasión. Esta feira do vehículo de ocasión leva 14 anos sendo un referente no sector, e agora, na súa edición número 15, cambia o seu formato para transformarse nunha fin de semana de portas abertas en cada un dos concesionarios participantes por mor da COVID-19. O obxectivo, respectar os aforos e as distanzas de seguridade, imprescindibles para aplicar os protocolos de prevención durante a pandemia. Porén, haberá horarios ampliados e grandes descontos para que encontrar o teu vehículo sexa moito máis fácil.

A feira ofrece vehículos Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación...

Ademais, o cambio de formato non fixo diminuír o número de concesionarios participantes, xa que, seguindo coa tendencia das últimas edicións, haberá once: Automóviles Dimolk-PeugeotBercautoBreogán Motor-ToyotaJ. M. LemaBaleato Motor-RenaultRebalcarsVilas Rama-CitroënV-CarAutomóviles Antamotor-NissanCorgal Automóviles-Kia, e JGCar. Os once establecementos estarán abertos do venres 28 ao domingo 30 en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. E, como cada ano, atoparemos vehículos Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiamento.

Berocasión continúa co desexo e a esperanza de que as boas cifras de vendas acadadas nas últimas edicións se repitan, e deste xeito poder paliar os efectos tan negativos da COVID-19 no sector.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica