Que está pasando
Preparádevos para o Rexenera Fest 2022! Artistas de Lituania, Países Baixos, Galicia, Euskadi e Cataluña encherán Carballo con pintura do 2 ao 13 de xuño: e este ano volven os concertos! E, coma sempre, teredes visitas guiadas, xogos para familias, entrevistas coas e cos artistas convidados... Atent@s!
Despois de dous anos, volve a carreira 10K Carballo! O prazo de inscrición estará aberto até o 31 de maio e haberá unha Fila 0 solidaria de Cruz Vermella para colaborar co pobo ucraíno. Participa!
Este año Carballo recupera as festas patronais do San Xoán e volven por todo o alto con música, festivais, actividades, a Festa do Bosque... Xa se sabe que o concerto do día grande correrá a cargo de Tanxugueiras.
Percorre Carballo e Bergantiños coa Primavera en ruta! Un ano máis o programa de andainas da Asociación Senda Nova convídanos a coñecer mellor a natureza e o patrimonio da nosa contorna.
Carballo presumirá de novo este verán de tres bandeiras azuis. A senda costeira Razo-Baldaio tamén renova a distinción de Sendeiro Azul que concede a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).
Concertos e presentacións literarias: no Curruncho Pop. Este programa anticipa unha primavera de música e libros no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa: as citas son de balde con reserva previa.
Percorre Carballo a través da súa arquitectura! A exposición Carballo. Guía ilustrada de arquitectura, pode visitarse no Museo de Bergantiños do 30 de marzo ao 30 de abril no horario habitual.