Carballo a un paso

Compartir:

Padel solidario para axudar aos nenos e nenas enfermos de cancro

Carballo, o club 3D3 Padel e Asanog únense por unha boa causa co Torneo Concello de Carballo entre o 4 e o 13 de decembro; colabora!

3D3 Padel

3D3 Padel organiza o torneo en beneficio de Asanog

Tanto se che gusta o padel –xa sexas espectador ou deportista– como se queres contribuír a unha causa solidaria, tes unha cita entre o 4 e o 13 de decembro en Carballo. O Club 3D3 Padel, coa axuda de moitos patrocinadores e amigos, organiza un torneo no que participan máis de cen parellas para axudar á asociación Asanog, unha entidade sen ánimo de lucro creada en 2012 para contribuír ao mellor estado dos nenos e nenas enfermos de cancro e das súas familias durante a doenza. Podedes axudar de varias formas. En primeiro lugar, se xa participades como parellas coa vosa cota de inscrición. En segundo lugar, comprando rifas a 1€ para o sorteo solidario que se realizará ao remate do torneo. Con doazóns directas nunha urna que estará disponible nas instalación de 3D3 Padel entre o 4 e o 13 de decembro. E, por último, con contribucións directas no web de Asanog. Non tendes escusa!

Coas rifas poderedes gañar numerosos premios

Horarios: de luns a venres a partir das 18.00 h. e sábados, domingos e festivos de 9.00 a 23.00 h.

E ademáis, poderedes gozar co padel nas instalacións do club da Rúa Cobre do Parque Empresarial de Bértoa cos mellores xogadores de Galicia chegados de Ferrrol, Santiago ou A Coruña para ofrecer un gran espectáculo. Se non coñecedes este deporte, de seguro que vos sorprenderá. Os encontros terán lugar en horario de luns a venres a partir das 18.00 horas e os sábados, domingos e festivos de 9.00 a 23.00 horas.

As rifas dan dereito a participar no sorteo de agasallos que terá lugar á finalización do evento, no que poderán gañarse dous seguros de Vida AXA de 200€ cada un; catro vales de 50€ cada un para compras en deportes San Remo; catro vales de 50€ cada un para compras en Zocas; dúas ceas menú degustación para dúas persoas en O Lagar de José; unha pa Drop Shot e tres bolsas paletero; ou cinco bonos para dúas clases en 3D3 Padel.

Carballo vístese de padel e solidariedade durante o Nadal! Non faltes!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica